viernes, 13 de marzo de 2015

Análise dunha web

Como deseñadores, temos que desenvolver a nosa creatividade á hora de ofrecer solucións aos nosos clientes, pero tamén temos que desenvolver a capacidade crítica de xuicio e análise de productos de deseño xa existentes.

Hoxe imos a analizar unha páxina web atendendo a diferentes criterios habituais en productos interactivos como pode ser o aspecto gráfico, a capacidade de comunicación, a navegabilidade, o comportamento do producto en diferentes soportes, e a facilidade para compartir o contido, por poñer algúns exemplos.

A páxina web que vos propoño para analizar é www.noalaviolencia.org

Unha vez que entredes nesa web, iredes anotando as diferentes sensacións que os produce a páxina, tendo moi en conta que como deseñadores, temos que enfentarnos por unha banda ao contido, pero pola outra a toda a arquitectura e funcionamento da web, formas, cores e recursos gráficos empregados, etc.


A análise debe ser crítica e obxectiva, enumerando os fallos e os acertos detectados, no caso de falar de fallos, é interesante propoñer unha solución, e no caso dos acertos, explicar a razón de que funcione, non caendo na pobreza explicativa dos adxectivos, senón empregando razóns meditadas.



Unha proposta de esquema de análise dunha web podería ser a seguinte:

Aspectos Formais:
A forma é a estructura, unha análise formal atende ao bo uso dos materiais ou técnicas desenvolvidas, no caso dunha web podemos analizar.
- Navegabilidade, menús, facilidade para atopar un contido específico e compartilo en redes sociais, o comportamento da web en diferentes plataformas (en ordenador en un navegador o en otro, en tablet, en móvil, girando el dispositivo en horizontal o en vertical, etc...), lexibilidade dos textos, accesibilidade dos contidos descargables, facilidade á hora de contactar cos webmasters...

Aspectos Estéticos:
- Cores empregadas, áreas ou marcos (frames) da páxina, identidade corporativa, logotipo (forma, visibilidade, ubicación, contido, comunicación), uso da tipografía, aspecto xeral e sensacións que transmite, imaxes utilizadas, uso de animacións, vídeos, sons...

Contido:
- Lexibilidade, facilidade ou dificultade de acceso á información, calidade dos contidos, uso de idiomas,...

jueves, 12 de marzo de 2015

Exame Sorpresa de Deseño 2ª Av



Como xa saberedes, a cita Olímpica do ano 2016 terá lugar en Río de Janeiro, Brasil.
Este é o logotipo desas Olimpiadas:






Na seguinte imaxe veremos outros logotipos doutras candidaturas que foron descartados ao non ser seleccionadas as súas sedes, e máis o precursor do actual logo de Rio 2016:

Falando de sedes olímpicas descartadas e vivindo en España, non podemos olvidar as insistentes candidaturas que tentou Madrid, das que vos adxunto os respectivos logotipos:




Partindo dese coñecemento enuncio as propostas do exame, da que escolleredes unha opción:




A- Elabora un logotipo de candidatura para Madrid 2024.


B- Fai un redeseño do logotipo das olimpiadas de Río 2016 de xeito que se manteñan algúns elementos dos presentados no prototipo inicial do logo (o da segunda imaxe)



Os traballos poderán realizarse en Gimp e Inkscape e deberán ser publicados no voso Blog cun pequeno texto explicativo.

Valorarase a limpeza, a capacidade de comunicación, o impacto no momento e a longo prazo e a creatividade.





viernes, 6 de marzo de 2015

Recursos gráficos gratuítos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta. ___________________
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine

jueves, 29 de enero de 2015

Logotipos

Un logotipo é un símbolo gráfico que identifica a unha empresa, marca, producto, causa, institución...
Por norma xeral entendemos por logotipo como o conxunto de texto e anagrama, e así o faremos tamén neste traballo para non xerar confusión, aunque técnicamente o logotipo só fai referencia á parte tipográfica (o texto) dun emblema e non inclúe o anagrama ou isologotipo.


O anagrama, isologotipo ou icono non é algo obligatorio en todos os "logotipos", algúns logos moi bos como o de Coca-Cola non teñen anagrama, e outros moi recoñecibles como o de Nike non teñen texto nalgunhas ocasións.


Nambergantes os anagramas axudan á identificación da empresa porque poden ser elementos relacionados co producto ou servicio, etc... que a empresa ou institución ofrece.

Neste post verás cales son as claves xerais para o deseño gráfico de logotipos e iconos ou anagramas.



5 características imprescindibles dun logotipo

  1. Identificativo
  2. Sinxelo e doado de reproducir
  3. Fácil de recoñecer
  4. Fácil de lembrar, memorable
  5. Coherente, todos os elementos dunha imaxe corporativa deberán seguir un mesmo estilo.


 

 

  9 Claves para o deseño de logotipos

  1. Elixe una tipografía que transmita os valores da túa empresa, asociación, evento, etc...
    As distintas tipografías transmiten diferentes emocións, valores e significados (xuventude, dinamismo, tradición…) Deberás telo en conta á hora de elexir unha ou outra.

  2. Escolle unha tipografía legible, incluso en tamaños muy pequeños. Se xogas coas letras e as transformas procura non perder nunca a lexibilidade ou o logotipo resultará inútil e non cumplirá ben a súa función.

  3. Non uses máis de dúas fontes tipográficas distintas.

  4. Para deseñar o anagrama (debuxo) traballa con formas simples. A simplicidade é a base para o deseño dun bo logotipo e permitirá a súa doada reproducción en todo tipo de soportes e tamaños (papelería, rótulos metálicos, vinilos…)

  5. Busca o equilibrio entre anagrama e tipografía xa que ambos elementos deben complementarse. Si existe un desequilibrio entre tipografía e anagrama, que sexa intencionado e moi evidente.

  6. Alinea correctamente todos os elementos do logotipo e procura que garden unha proporción adecuada entre eles.

  7. Coida a elección de cores xa que, ó igual que a tipografía, as cores serven para transmitir emocións e sensacións. O logotipo ten que verse ben en blanco e negro e cuando se invirtan as cores. Mesmo é boa idea comezar a deseñar o téu logotipo sen cor.

  8. Non uses máis de tres cores distintos no logotipo e non abuses dos degradados.
    A elección da cor influirá nos costes de impresión dos distintos elementos dunha identidade corporativa.

  9. Crea tantas variacións sobre unha mesma idea como se te ocurran, xa tendrás tempo de eliminar as que peor funcionen.

El resumen del enlace de arriba lo tenéis aquí en forma de presentación de Prezi.