jueves, 12 de marzo de 2015
Exame Sorpresa de Deseño 2ª Av
Como xa saberedes, a cita Olímpica do ano 2016 terá lugar en Río de Janeiro, Brasil.
Este é o logotipo desas Olimpiadas:
Na seguinte imaxe veremos outros logotipos doutras candidaturas que foron descartados ao non ser seleccionadas as súas sedes, e máis o precursor do actual logo de Rio 2016:
Falando de sedes olímpicas descartadas e vivindo en España, non podemos olvidar as insistentes candidaturas que tentou Madrid, das que vos adxunto os respectivos logotipos:
Partindo dese coñecemento enuncio as propostas do exame, da que escolleredes unha opción:
A- Elabora un logotipo de candidatura para Madrid 2024.
B- Fai un redeseño do logotipo das olimpiadas de Río 2016 de xeito que se manteñan algúns elementos dos presentados no prototipo inicial do logo (o da segunda imaxe)
Os traballos poderán realizarse en Gimp e Inkscape e deberán ser publicados no voso Blog cun pequeno texto explicativo.
Valorarase a limpeza, a capacidade de comunicación, o impacto no momento e a longo prazo e a creatividade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario