Como deseñadores, temos que desenvolver a nosa creatividade á hora de ofrecer solucións aos nosos clientes, pero tamén temos que desenvolver a capacidade crítica de xuicio e análise de productos de deseño xa existentes.
Hoxe imos a analizar unha páxina web atendendo a diferentes criterios habituais en productos interactivos como pode ser o aspecto gráfico, a capacidade de comunicación, a navegabilidade, o comportamento do producto en diferentes soportes, e a facilidade para compartir o contido, por poñer algúns exemplos.
A páxina web que vos propoño para analizar é www.noalaviolencia.org
Unha vez que entredes nesa web, iredes anotando as diferentes sensacións que os produce a páxina, tendo moi en conta que como deseñadores, temos que enfentarnos por unha banda ao contido, pero pola outra a toda a arquitectura e funcionamento da web, formas, cores e recursos gráficos empregados, etc.
A análise debe ser crítica e obxectiva, enumerando os fallos e os acertos detectados, no caso de falar de fallos, é interesante propoñer unha solución, e no caso dos acertos, explicar a razón de que funcione, non caendo na pobreza explicativa dos adxectivos, senón empregando razóns meditadas.
Unha proposta de esquema de análise dunha web podería ser a seguinte:
Aspectos Formais:
A forma é a estructura, unha análise formal atende ao bo uso dos materiais ou técnicas desenvolvidas, no caso dunha web podemos analizar.
- Navegabilidade, menús, facilidade para atopar un contido específico e compartilo en redes sociais, o comportamento da web en diferentes plataformas (en ordenador en un navegador o en otro, en tablet, en móvil, girando el dispositivo en horizontal o en vertical, etc...), lexibilidade dos textos, accesibilidade dos contidos descargables, facilidade á hora de contactar cos webmasters...
Aspectos Estéticos:
- Cores empregadas, áreas ou marcos (frames) da páxina, identidade corporativa, logotipo (forma, visibilidade, ubicación, contido, comunicación), uso da tipografía, aspecto xeral e sensacións que transmite, imaxes utilizadas, uso de animacións, vídeos, sons...
Contido:
- Lexibilidade, facilidade ou dificultade de acceso á información, calidade dos contidos, uso de idiomas,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario